Blogia
Unha fiestra aberta

PAZ

CHARLA DE NAIS DE ALUMNADO ESTRANXEIRO

Este venres 29 de xaneiro de 2010 tivo lugar no colexio unha charla para todo o alumnado por parte de nais de alumnado procedente do estranxeiro para falar sobre os seus países. Os países sobre os que falaron son o Brasil, Romania e Venezuela.

Para os nosos amigos de Arteixo

Os alumnos de 3ºC mándanlles desexos de paz aos compañeiros de 3ºD do CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo.

¡CANTEMOS POLA PAZ!

¡CANTEMOS POLA PAZ!

Unha vez derrubado o muro dos atrancos para a paz, cantamos a canción "A muralla", para que todo o mundo saiba dos nosos desexos.

NON AOS CONFLITOS, NON A VIOLENCIA

NON AOS CONFLITOS, NON A VIOLENCIA

Todos e todas expresamos os nosos desexos en contra da violencia de calquer tipo, en contra dos conflitos.

Na imaxe un momento do acto central cos dous presentadores cumprindo a súa función no mesmo.

PAZ PARA TODOS

PAZ PARA TODOS

Dúas alumnas do Colexio completan a pomba da paz pegando as últimas pombiñas con desexos expresados polo alumnado do Colexio.

TODOS E TODAS SOMOS NECESARIOS PARA A PAZ

TODOS E TODAS SOMOS NECESARIOS PARA A PAZ Con todas as actividades que levamos feito nestes días queremos dicir que ninguén pode agocharse; a paz necesítanos.

FAGAMOS A PAZ

FAGAMOS A PAZ Ese muro está tapando os nosos desexos de paz escritos en pombas pequenas que decoran unha enorme Pomba. Con isto queremos dicir que a paz é cousa de todas as persoas e que si cada un de nós fai algunha acción de paz e a compartimos cos demais, podemos chegar a conseguir algo moi grande e fermoso que fará que se derruben tódolos muros que hai no mundo que non permiten a paz. Coas mensaxes nas pombas de papel queremos que todos e todas que nos queiran escoitar fagan con nós a paz.

¡¡¡DERRUBEMOS O MURO!!!

¡¡¡DERRUBEMOS O MURO!!!

Cos briks comezamos a construír este muro, que simboliza todos os atrancos que hai para que a Terra se encha de paz e ledicia, de tolerancia e de respecto de todos e todas con todos e todas. Para ver si, co seu derrubamento, dunha vez para sempre, tódalas persoas somos iguais en dereitos e deberes, para que todas as persoas nos entendamos sen pelexas nin guerras, sen malos tratos nin rexeitamentos  e que nos movan os bos sentimentos.

UNHA PERSOA, MIL DESEXOS DE PAZ

UNHA PERSOA, MIL DESEXOS DE PAZ

Cada un e cada unha de nós decoramos un brik cun debuxo ou cunha frase do que non debemos facer e do que queremos que se deixe de facer no mundo.

Con estes briks fomos construíndo un muro cos atrancos que hai no noso mundo contra a paz.

ACTO DA PAZ 2007

ACTO DA PAZ 2007 Hoxe celebrámo-lo acto central do Día da Paz do 2007 no Colexio. Na imaxe podemos ver a pomba da paz chea de pombiñas pequenas que fixeron cada un dos alumnos e alumnas do Colexio cos seus desexos da paz.

A PAZ PERFECTA

Neste conto de autor descoñecido hai unha interesante definición do que á a paz perfecta:

Contan que...

 

Había unha vez un rei que ofreceu un gran premio a aquel artista que puidera captar nunha pintura a paz perfecta. Moitos artistas intentárono.

 

O rei observou e admirou todas as pinturas, pero soamente había dúas que a el realmente lle gustaron e tivo que escoller entre elas.

 

A primeira era un lago moi tranquilo. Este lago era un espello perfecto onde se reflectían unhas plácidas  montañas que o arrodeaban. Sobre estas encontrábase un ceo moi azul con tenues nubes brancas. Todos aqueles que viron esta pintura pensaron que esta reflectía a paz perfecta.

 

A segunda pintura tamén tiña montañas. Pero estas eran escabrosas e descubertas. Sobre elas había un ceo furioso do cal caía un impresionante basto de auga con raios e trebóns. Montaña abaixo parecía retumbar  un espumoso torrente de auga. Todo isto non se revelaba para nada pacífico.

 

Pero cando o rei observou coidadosamente, el mirou trala cascada un delicado arbusto medrando nunha fenda da rocha. Neste arbusto atopábase un niño. Alí, no medio do ruxir da violenta caída da auga  estaba sentado placidamente un paxariño no medio do seu niño ... a paz perfecta.

 

¿Cal pensas ti que foi a pintura gañadora?

 

O Rei escolleu a segunda. ¿Sabes por que?

 

Porque, explicaba o rei: Paz non significa estar nun lugar sen ruídos, sen problemas, sen traballo duro e sen dor . Paz significa que, a pesares de estar no medio de todas estas cousas, permanezamos calmados dentro do noso corazón.

 

Este é o verdadeiro significado da paz.

 

                                                        Autor descoñecido.

MANIFESTO POLA PAZ

Este é o manifesto que se lerá durante o acto central do Día Escolar Para a Non Violencia e a Paz, obtido das propostas de Intermón-Oxfam:

"Os alumnos e alumnas do Colexio de Educación Infantil e Primaria "Nosa Señora dos Remedios", xunto cos nosos mestres e mestras, queremos facer público o noso compromiso coa paz nesta celebración do Día Escolar Para a Non Violencia e a Paz.

Nun mundo no que a violencia, o medo e a inxustiza fan parte da vida de moitas persoas, queremos manifestar que:

1º Todas as persoas somos responsables de que o mundo sexa cada día máis xusto, máis pacífico e máis seguro.

2º A paz constrúese, día a día, entre todos e todas. Para conseguilo, podemos e debemos relacionarnos cos demais sobre a base do respecto, a escoita e o diálogo.

3º A violencia e o medo prexudican a todas as persoas, a quen os exercen e a quen os reciben. A violencia e o medo nunca solucionaron un conflito, só o ocultan.

4º É posible mudar o mundo se nós mudamos e se convencemos aos demais para que muden. Non é fácil, pero é posible e necesario.

Nós sabemos como acabar coa violencia e os conflitos, sabemos como se constrúe a paz e somos moitos e moitas os que a queremos. É por iso que propomos comezar a construíla hoxe mesmo e esforzámonos para que creza ao noso redor e chegue a todo o mundo."

30 DE XANEIRO DE 2007: DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

O martes 30 de xaneiro de 2007 celébrase o Día Escolar pola non violencia e a Paz. No noso colexio vanse facer durante estes días varias actividades para traballar pola Paz.

O día 30 de xaneiro farase un acto central do que iremos dando máis detalles