Blogia
Unha fiestra aberta

A PAZ PERFECTA

Neste conto de autor descoñecido hai unha interesante definición do que á a paz perfecta:

Contan que...

 

Había unha vez un rei que ofreceu un gran premio a aquel artista que puidera captar nunha pintura a paz perfecta. Moitos artistas intentárono.

 

O rei observou e admirou todas as pinturas, pero soamente había dúas que a el realmente lle gustaron e tivo que escoller entre elas.

 

A primeira era un lago moi tranquilo. Este lago era un espello perfecto onde se reflectían unhas plácidas  montañas que o arrodeaban. Sobre estas encontrábase un ceo moi azul con tenues nubes brancas. Todos aqueles que viron esta pintura pensaron que esta reflectía a paz perfecta.

 

A segunda pintura tamén tiña montañas. Pero estas eran escabrosas e descubertas. Sobre elas había un ceo furioso do cal caía un impresionante basto de auga con raios e trebóns. Montaña abaixo parecía retumbar  un espumoso torrente de auga. Todo isto non se revelaba para nada pacífico.

 

Pero cando o rei observou coidadosamente, el mirou trala cascada un delicado arbusto medrando nunha fenda da rocha. Neste arbusto atopábase un niño. Alí, no medio do ruxir da violenta caída da auga  estaba sentado placidamente un paxariño no medio do seu niño ... a paz perfecta.

 

¿Cal pensas ti que foi a pintura gañadora?

 

O Rei escolleu a segunda. ¿Sabes por que?

 

Porque, explicaba o rei: Paz non significa estar nun lugar sen ruídos, sen problemas, sen traballo duro e sen dor . Paz significa que, a pesares de estar no medio de todas estas cousas, permanezamos calmados dentro do noso corazón.

 

Este é o verdadeiro significado da paz.

 

                                                        Autor descoñecido.

0 comentarios