Blogia
Unha fiestra aberta

MANIFESTO POLA PAZ

Este é o manifesto que se lerá durante o acto central do Día Escolar Para a Non Violencia e a Paz, obtido das propostas de Intermón-Oxfam:

"Os alumnos e alumnas do Colexio de Educación Infantil e Primaria "Nosa Señora dos Remedios", xunto cos nosos mestres e mestras, queremos facer público o noso compromiso coa paz nesta celebración do Día Escolar Para a Non Violencia e a Paz.

Nun mundo no que a violencia, o medo e a inxustiza fan parte da vida de moitas persoas, queremos manifestar que:

1º Todas as persoas somos responsables de que o mundo sexa cada día máis xusto, máis pacífico e máis seguro.

2º A paz constrúese, día a día, entre todos e todas. Para conseguilo, podemos e debemos relacionarnos cos demais sobre a base do respecto, a escoita e o diálogo.

3º A violencia e o medo prexudican a todas as persoas, a quen os exercen e a quen os reciben. A violencia e o medo nunca solucionaron un conflito, só o ocultan.

4º É posible mudar o mundo se nós mudamos e se convencemos aos demais para que muden. Non é fácil, pero é posible e necesario.

Nós sabemos como acabar coa violencia e os conflitos, sabemos como se constrúe a paz e somos moitos e moitas os que a queremos. É por iso que propomos comezar a construíla hoxe mesmo e esforzámonos para que creza ao noso redor e chegue a todo o mundo."

0 comentarios