Blogia
Unha fiestra aberta

ENTREVISTA A UNHA NENA INMIGRANTE

Entrevista a Melliza Perafán Muñoz

P. De que país viñeches?

R.- Eu veño de  Colombia

P.-Con que membros da túa familia chegas a España? Tiñas familia aquí?

R.- Sí,  a miña irmá e miña nai

P.- Que idade tiñas  cando chegaches aquí?

R.- Eu tiña oito anos

P.- Por que razóns a túa familia emigra de Colombia?

R.- A miña familia viu buscar traballo e ademais porque España é un país máis seguro que Colombia.

P.-Cal foi a túa primeira reacción cando che dixeron que te viñas para  España?

R.- Ao principio moi mal, pero logo alegreime aínda que estaba triste

P.-Por que Galiza e en concreto Ponteareas?

R.- Eu non o elixín foron os meus pais.

P.- Que foi o que máis che gustou ó chegar? E o que menos?

R.-O que máis a liberdade. O que menos: O tráfico.

P.- Custouche adaptarte? Por qué?

R.-Si, porque non entendía moi ben o galego.

P.-Recibíronte ben os teus compañeiros  ó chegar ó colexio? Fixeches amigos pronto?

R.- Si, porque o primeiro día as nenas xogaron comigo.

P.- Como era o colexio ao que ías en Colombia?

R.-Era un colexio privado, pequeno.....e con parque. Gustábame máis o de Colombia

P.- Tiveches dificultades coa Lingua? Gústache o Galego?

R.-Non, non me gusta o Galego. Teño dificultades con algunhas palabras, pero de todos xeitos estou aprendendo moito.

P.- Que  é o que máis botas de menos do teu país? Gustaríache voltar?

R.-  Do meu país o que mais boto de menos é os meus familiares que están alá, meu pai, miña irmá... Tamén boto de menos a comida. Encantaríame voltar ó meu país.

 

                               Lorena e Zaira (5ºB)

                                              

 

 

0 comentarios