Blogia
Unha fiestra aberta

ENTREVISTA A UNHA NENA INMIGRANTE

 Mª  Ángeles Pedreira chegou a España con sete anos. Agora ten once. O seu pais de orixe é Argentina.  Os seus amigos de 5ºB quixeron facerlle unha entrevista.

 

P.- Ángeles, por que razóns a tua familia deixa Argentina e se ven a España?

R.- A miña familia viu buscar traballo e ademais porque España é un país máis seguro que Arxentina.

P.-Con que membros da túa familia chegas a España? Tiñas familia aquí?

R.- Sí, meu pai era de aquí. Chegamos os meus pais, a miña irmá e máis eu.

P.-Cal foi a túa primeira reacción cando che dixeron que te viñas para  España?

R.- Ao principio moi boa porque ía cambiar de país, pero despois, no aeroporto, estiven moi triste.

P.-Por que Galiza e en concreto Ponteareas?

R.- Eu non o elixín, foron os meus pais. Meu pai tiña familia aquí.

P.- Que foi o que máis che gustou ó chegar? E o que menos?

R.-O que máis: A paisaxe. O que menos: As curvas do camiño.

P.- Custouche adaptarte? Por qué?

R.- Non porque estiven rodeada de moitos amigos.

P.-Recibíronte ben os teus compañeiros  ó chegar ó colexio? Fixeche amigos pronto?

R.- Bueno.... bastante ben. Sí, enseguida fixen amigos e amigas.  Ademais neste colexio hai moitos nenos e nenas  que están na mesma  situación ca min.

P.- Como era o colexio ó que ías na Arxentina?

R.-Era un colexio privado, moi grande.....e con parque. Gustábame máis o de Arxentina.

P.- Tiveche dificultades coa Lingua? Gústache o Galego?

R.-Non, non me gusta o Galego. Teño dificultades con algunhas palabras, pero de todos xeitos estou aprendendo moito.

P.- Que  é o que máis botas de menos do teu país? Gustaríache voltar?

R.-  Do meu país o que mais boto de menos son os meus familiares que están alá, os meus avós e os meus curmáns.  Tamén boto de menos a comida. Encantaríame voltar ó meu país pero...Só de Vacacións.

 

                                       Beatriz Puga e Javier Táboas(5º B)

                                              

 

 

0 comentarios