Blogia
Unha fiestra aberta

Obradoiros de papiroflexia

Durante o mes de abril estivemos traballando co alumnado, dende este Seminario, o país de China. Consideramos oportuno facer obradoiros sobre a papiroflexia.

O Luns, 3 de maio, todos os nenos e nenas de Educación Primaria disfrutaron enormemente deste obradoiro, impartido por Diego Sanmartín Villar, profesor de Secundaria de Inglés, membro da Asociación Española de Papiroflexia e gran afeccionado a este fascinante arte de pregar papel.

O profesor explicoulles a orixe do papel, da papiroflexia, como chegou este arte a Europa, como comezou a súa afección pola papiroflexia, amosoulles varios modelos do seu traballo e finalmente ensinoulles como pregar algunhas figuras sinxelas.

Estes obradoiros foron todo un éxito e todos quedaron con ganas de aprender máis sobre este interesante arte. Diego conseguiu transmitir a súa paixón e interese polo tema cunha grande aceptación e entusiasmo por parte do seu público. De feito, houbo unha gran demanda de libros de origami na biblioteca… Temos o pedido en marcha!

Grazas, Diego!

0 comentarios