Blogia
Unha fiestra aberta

"O Recuncho do Viaxeiro"

   Ao longo deste curso escolar o alumnado do segundo e do terceiro ciclo de Educación Primaria participa no concurso do "Recuncho do Viaxeiro". Pretendemos que os nenos e nenas amosen inquedanza pola investigación, o razoamento, a busca de información nas diferentes fontes existentes, concretamente nas TICs.

     Ao principio de cada mes poñemos preguntas (diferentes para os dous ciclos) relativas a un país determinado, nos  dous recunchos situados nas entradas dos pavillóns de Primaria. Teñen que formar grupos de cinco compoñentes como máximo e meter as respostas no buzón.

   Ao cabo de quince días faise o concurso e o grupo gañador ten un agasallo sorpresa, recoñecéndolles o esforzo e o traballo realizado. A continuación faise unha exposición e decóranse as entradas dos pavillóns con información sobre ese país; como lendas, costumes, diferentes maneiras de saudarse, de despedirse no idioma correspondente, etc.

    Pero, SORPRESAAA!

   Non poderiamos levar a cabo este concurso sen saber en que recuncho do mundo está situado cada país. Para iso fixemos dous globos terráqueos que están colocados xunto ao recuncho do viaxeiro. O país que se está traballando é destacado cunha lupa moi bonita e grande.

   A partires deste concurso xiran o resto das actividades que se levan a cabo con todo o alumnado do Centro: obradoiros de xogos populares, sesións de contacontos sobre o país a traballar, construción de crebacabezas e traballos manuais para o alumnado de Educación Infantil.

   Xa fixemos longas viaxes. Comezamos en Marrocos, seguimos en Arxentina, Romanía, República Dominicana, China e rematamos en Etiopía. Son algúns dos países de orixe do alumnado do Centro.

   A continuación podedes facervos unha idea do noso traballo coas seguintes imaxes:

 

0 comentarios