XIII Degustación de Sobremesas de Entroido
Manxar de laranxa (Alejandro Martínez Vásquez – 2º B)
Colombia
Ingredientes: laranxas, maizena e azucre.
Elaboración: Exprimir as laranxas e poñer ao lume o zume coa maizena e o azucre. Remover ata que espese. Deixar enfríar e servir.
Natilla Tradicional (María Angélica Valencia – 3ºA)
Colombia
Ingredientes: 1 caixa de preparado para natillas, 1 litro de leite, coco relado, 3 gotas de esencia de vainilla e canela moída.
Elaboración: O contido da caixa mestúrase con dúas cuncas de leite frío e o resto do leite férvese. Unha vez fervido agrégase a mestura anterior para que se cociñe e revólvese constantemente cunha culler de madeira ata que espese. Cando empece a espesar diminúese a temperatura sen deixar de revolver por 5 minutos aproximadamente. Vértese o contido nun molde e déixase arrefriar a temperatura ambiente.
Salame de chocolate (Sara Méndez Amil - 5 ºB)
Portugal
Ingredientes:
200 g de galleta María, 200 g de azucre, 1 ovo enteiro, 1 xema de ovo, 125 g de manteiga derretida ao baño María, 200 g de chocolate en po.
Elaboración:
Botar o azucre e os ovos nun recipiente e bater ben; botar a margarina e o chocolate e volver bater. Engadir a galleta moi picada e colocar a masa enriba dun papel de aluminio; envólvese en forma de tubo e métese no frigorífico.
Sérvese xeado e cortado en toros.
Bolo de cenoria (Igor Philipe Gonçales Sousa -5º A)
Brasil
Ingredientes:
3 cenorias grandes, 2 cuncas de azucre, 1 cunca de aceite, 4 ovos, 2 cuncas de fariña de trigo, 1 culler de fermento en po.
Ingredientes para a cobertura de chocolate:
1/2 cunca de leite, 1/2 cunca de azucre, 1 cunca de chocolate en po, 1 culler de manteiga.
Elaboración:
Bater todos os ingredientes do bolo no batedor. Meter no forno 40 minutos.
Proceder coa cobertura de chocolate mesturando todo a lume lento e revolver ata que espese. Botar por enriba do bolo.
Quiche Lorraine (Alexiane Labajos -5º A)
Francia
Ingredientes:
masa quebrada, 1 rebanda gorda de xamón de York, 2 ovos, leite, nata para cociñar, sal, pementa e noz moscada.
Elaboración:
Estirar a masa quebrada co rolo e colocala sobre un molde. Picar lixeiramente o fondo cun garfo.
Cortar moi miúdo o xamón e poñelo sobre a masa. Nun cazo, mesturar o leite, os ovos, a nata, un belisco de sal, un pouco de pementa moída e noz moscada. Verter no molde o preparado.
Poñer a quiche no forno a 180º C durante 30 -40 minutos, vixiando que non se queime a superficie.
Biscoito de noz (Lucas Labajos - 3º A) Francia Ingredientes: 175 g de noces peladas, 4 ovos, 75 g de azucre moreno, 50 g de fariña, 1 culleriña de azucre vainillado, 100 g de manteiga. Elaboración: Mesturar as xemas de ovo e o azucre moreno. Engadir a fariña e o azucre vainillado e mesturar de novo. Derreter a manteiga e incorporala á preparación, engadindo un belisco de sal. Bater as claras de ovo a punto de neve e cando están moi firmes engádense á mestura anterior coidadosamente e con movementos envolventes. Picar as noces e engadilas á mestura. Verquer a preparación do biscoito nun molde e meter no forno prequentado 200º C durante 25 minutos aproximadamente. Pastel de fideos de chocolate (Brenda Miranda da Silva – 4º E.I. A) Brasil Ingredientes: 45 g de azúcar, 20 g de fideos de chocolate, 1 taza de chocolate en polvo, 1 bote de nata, 1 bote de leche condensada, 1 cuchara de mantequilla y 3 huevos. Elaboración: Batir todos los ingredientes, excepto los fideos de chocolate, en la batidora. Untar un molde con mantequilla y verter la mezcla en él. Poner en el microondas 6 o 7 minutos a potencia máxima. Desmoldar mientras está templado y decorar con los fideos de chocolate.
Nesta imaxe vemos unha parte do mural elaborado no Seminario sobre o Entroido no Mundo.
Para decorar un dos corredores do Colexio, no Seminario fixemos un mural con imaxes do Entroido en diversas partes do mundo. Nesta imaxe vemos unha panorámica xeral do mural.