Blogia
Unha fiestra aberta

UNHA FIESTRA ABERTA

Este ano continúa no colexio unha nova andaina do Seminario Permanente que traballa a interculturalidade no noso centro. Xa son sete anos traballando nestes seminarios polos que leva pasado xa un número importante de mestres e mestras do colexio.

Este ano fíxose unha renovación case total nos compoñentes, pois cinco dos seis son novos e tamén se cambiou o nome do seminario, pasando a denominarse "Unha fiestra aberta", con todo o que este título significa.

Pouco a pouco iremos mostrando neste blogue o traballo que se vai facendo neste Seminario, que está a resultar moi interesante para toda a Comunidade Educativa do colexio.

0 comentarios