Blogia
Unha fiestra aberta

ENTREVISTA A UN NENO INMIGRANTE

 Anderson Mendocilla é un neno de Perú. Chegou a Ponteareas cando tiña 10 anos. Leva vivindo aquí un ano e o que máis lle gusta do cole é o recreo para  xogar ó fútbol.

P. De que país viñeche?

r. Eu veño de Perú

P.-Con que membros da túa familia chegas a España? Tiñas familia aquí?

R.-  Chegamos os meus pais e o meu tío

P.- Que idade tiñas  cando chegache aquí?

R.- Eu tiña dez anos

P.- Por que razóns a túa familia emigra de Perú?

R.- A miña familia viu en busca de traballo porque en Perú escasea.

P.-Cal foi a tua primeira reacción cando che dixeron que te viñas para  España?

R.-Moi boa. Eu quería mellorar as miñas condicións de vida.

P.-Por que Galiza e en concreto Ponteareas?

R.- Porque meus pais quixeron.

P.- Que foi o que mais che gustou ó chegar? E o que menos?

R.-O que mais: Todo. O que menos: O idioma.

P.- Custouche adaptarte? Por qué?

R.- Si, polo galego

P.-Recibíronte ben os teus compañeiros  ó chegar ó colexio? Fixeche amigos pronto?

R.- Sí, enseguida fixen amig@s. 

P.- Como era o colexio ao que ibas en Perú?

R.-Era un colexio privado, con uniforme e grande.

P.- Tíveche dificultades coa Lingua? Gústache ó Galego?

R.-Non, non me gusta o Galego. Teño dificultades e por si fora pouco moitas asignaturas son en Galego.

P.- Que  é o que mais botas de menos do teu país? Gustaríache voltar?

R.- Todo.Boto de menos a familia, a comida...TODO.

 

Rocío e José Luis (5º B)

                                              

 

 

0 comentarios