Blogia
Unha fiestra aberta

XIII Degustación de Sobremesas de Entroido

Manxar de laranxa (Alejandro Martínez Vásquez – 2º B)

Colombia

 

Ingredientes: laranxas, maizena e azucre.

 

Elaboración: Exprimir as laranxas e poñer ao lume o zume coa maizena e o azucre. Remover ata que espese. Deixar enfríar e servir.

 

 

 

Natilla Tradicional (María Angélica Valencia – 3ºA)

Colombia

 

Ingredientes: 1 caixa de preparado para natillas, 1 litro de leite, coco relado, 3 gotas de esencia de vainilla e canela moída.

 

Elaboración: O contido da caixa mestúrase con dúas cuncas de leite frío e o resto do leite férvese. Unha vez fervido agrégase a mestura anterior para que se cociñe e revólvese constantemente cunha culler de madeira ata que espese. Cando empece a espesar diminúese a temperatura sen deixar de revolver por 5 minutos aproximadamente. Vértese o contido nun molde e déixase arrefriar a temperatura ambiente.

 

 

Salame de chocolate (Sara Méndez Amil - 5 ºB)
Portugal


Ingredientes:
200 g de galleta María, 200 g de azucre, 1 ovo enteiro, 1 xema de ovo, 125 g de manteiga derretida ao baño María, 200 g de chocolate en po.

Elaboración:
Botar o azucre e os ovos nun recipiente e bater ben; botar a margarina e o chocolate e volver bater. Engadir a galleta moi picada e colocar a masa enriba dun papel de aluminio; envólvese en forma de tubo e métese no frigorífico.
Sérvese xeado e cortado en toros.

 

Bolo de cenoria (Igor Philipe Gonçales Sousa -5º A)
Brasil


Ingredientes:
3 cenorias grandes, 2 cuncas de azucre, 1 cunca de aceite, 4 ovos, 2 cuncas de fariña de trigo, 1 culler de fermento en po.
Ingredientes para a cobertura de chocolate:
1/2 cunca de leite, 1/2 cunca de azucre, 1 cunca de chocolate en po, 1 culler de manteiga.

Elaboración:
Bater todos os ingredientes do bolo no batedor. Meter no forno 40 minutos.
Proceder coa cobertura de chocolate mesturando todo a lume lento e revolver ata que espese. Botar por enriba do bolo.

 

 

Quiche Lorraine (Alexiane Labajos -5º A)
Francia


Ingredientes:
masa quebrada, 1 rebanda gorda de xamón de York, 2 ovos, leite, nata para cociñar, sal, pementa e noz moscada.

Elaboración:
Estirar a masa quebrada co rolo e colocala sobre un molde. Picar lixeiramente o fondo cun garfo.
Cortar moi miúdo o xamón e poñelo sobre a masa. Nun cazo, mesturar o leite, os ovos, a nata, un belisco de sal, un pouco de pementa moída e noz moscada. Verter no molde o preparado.
Poñer a quiche no forno a 180º C durante 30 -40 minutos, vixiando que non se queime a superficie.

 

Biscoito de noz  (Lucas Labajos - 3º A)

Francia

 

Ingredientes:

175 g de noces peladas, 4 ovos, 75 g de azucre moreno, 50 g de fariña, 1 culleriña de azucre vainillado, 100 g de manteiga.

 

Elaboración:

Mesturar as xemas de ovo e o azucre moreno. Engadir a fariña e o azucre vainillado e mesturar de novo. Derreter a manteiga e incorporala á preparación, engadindo un belisco de sal.

Bater as claras de ovo a punto de neve e cando están moi firmes engádense á mestura anterior coidadosamente e con movementos envolventes.

Picar as noces e engadilas á mestura.

Verquer a preparación do biscoito nun molde e meter no forno prequentado 200º C durante 25 minutos aproximadamente.

Pastel de fideos de chocolate  (Brenda Miranda da Silva – 4º E.I. A)

Brasil

 

Ingredientes:

45 g de azúcar, 20 g de fideos de chocolate, 1 taza de chocolate en polvo, 1 bote de nata, 1 bote de leche condensada, 1 cuchara de mantequilla y 3 huevos.

 

Elaboración:

Batir todos los ingredientes, excepto los fideos de chocolate, en la batidora. Untar un molde con mantequilla y verter la mezcla en él. Poner en el microondas 6 o 7 minutos a potencia máxima. Desmoldar mientras está templado y decorar con los fideos de chocolate.

 

 

 

 

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres